Novas

A APLU no ProxectoTERRA

23 de Marzo de 2018

O ProxectoTERRA é un proxecto didáctico de cooperación co mundo da educación no que participa a Xunta de Galicial - a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e da Axencia de Preotección da Legalidade Urbanística-, e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dirixido ás distintas etapas da Educación Obrigatoria e a Educación Infantil co fin de contribuír a mellorar o coñecemento que os escolares de Galicia deben ter da nosa arquitectura e da nosa identidade territorial e do noso medio ambiente, contribuíndo a acadar os obxectivos que sobre arquitectura, territorio e medio ambiente xa se contemplan na actualidade nas distintas etapas da educación de 0 a 18 anos.

Esta é a aportación que o ProxectoTERRA pon a disposición da comunidade educativa esperando que sexa un instrumento que axude a acadar os obxectivos que sobre arquitectura e territorio xa se contempla na actualidade nos currículos da Educación Infantil, a Educación Primaria e a Educación Secundaria.

Trátase de contribuír a que aos nosos escolares se lles dea unha clara e actualizada proposta de achegamento á arquitectura, entendendo esta como todas aquelas actuacións sobre o territorio realizadas por homes e mulleres para acadar unhas mellores condicións de vida. En ningún caso se trata de incrementar os contidos establecidos nas referidas etapas educativas, senón de aportar materiais específicos que completen ou melloren os que agora mesmo están dispoñibles para o alumnado e o profesorado, e completalos con actividades, como visitas guiadas de arquitectura e intercambios territoriais ou talleres de arquitectura, que se ofertarán aos centros de ensino para que poidan ser incorporadas nas súas programacións de actividades complementarias ou extraescolares

Máis información: http://proxectoterra.coag.es