Novas

O V Congreso APLU sobre Disciplina Urbanística xa ten datas: 10, 11 e 12 de xuño

26 de Marzo de 2019

A APLU xa ten fixadas as datas para a V edición do seu congreso anual sobre a disciplina urbanística: celebrarase os próximos días 10, 11 e 12 de xuño, como é habitual en Santiago de Compostela.

Nesta edición e baixo o título “Disciplina Urbanística: estado do urbanismo e retos para o futuro”, o congreso reunirá a reputados expertos dos distintos ámbitos vinculados ao urbanismo co obxectivo de analizar o presente e futuro dos novos modelos urbanos, a súa interrelación coas políticas públicas e a intervención administrativa en materia de disciplina urbanística, desde unha perspectiva multidisplinar.

Así, algúns dos especialistas máis destacados en áreas como a planificación urbanística, a arquitectura, a enxeñería, a mobilidade urbana, a xeografía, a investigación académica  e prestixiosos profesionais do ámbito xurídico abordarán diferentes cuestións de especial interese para impulsar conxuntamente un desenvolvemento urbanístico sostible.

Ademais das distintas mesas de traballo, o simposio incluirá diversos talleres nos que as e os participantes poderán afondar en aspectos específicos das distintas áreas temáticas de análise nas que se centrará esta V edición.

A información completa sobre o congreso, así como o procedemento para formalizar as correspondentes inscricións, será publicada en breve nesta web.

V CONGRESO APLU – DISCIPLINA URBANÍSTICA:
ESTADO DO URBANISMO E RETOS PARA O FUTURO.

DO 10 AO 12 DE XUÑO DE 2019

SANTIAGO DE COMPOSTELA
(AUDITORIO ABANCA. R/. PREGUNTOIRO, 23.
TALLERES: CENTRO ABANCA OBRA SOCIAL. PZA. DE CERVANTES, 19)

En breve, na web: inscricións e toda a información sobre o congreso.