Actividade lúdico-educativa da APLU no CEIP de Laredo (Redondela)

17 de Decembro de 2019 ás 09:00

Organizan: APLU e Proxecto Terra

Data de desenvolvemento: 17 de decembro de 2019

A APLU como organismo autonómico que desenvolve unha labor directamente relacionada co medio, en especial naquel menos urbanizado e merecedor de protección coa finalidade de recuperar o seu estado natural e orixinario, colabora co Proxecto Terra, propoñendo un proxecto lúdico-educativo para nenos e nenas relacionado co coñecemento do territorio de Galicia, nace así o proxecto “EU SON INSPECT@R URBANÍSTIC@. COIDA DO TERRITORIO, COIDA DO TEU”.

O obxectivo principal do proxecto é sensibilizar, concienciar, divulgar e formar a nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en relación ao medio e a intervención e ordenación do noso territorio.

A actividade está dirixida a todos os nenos e nenas de todas as etapas educativas (infantil, primaria e secundaria) e é impartida por persoal da APLU.