Por qué adherirse a la APLU?

  • A APLU asume a xestión das competencias dos concellos adheridos en materia de inspección, sanción e restablecemento da legalidade urbanística (competencias que segundo a normativa vixente están obrigados a exercer todos os concellos).
  • As actuacións en materia de disciplina urbanística realízanse integramente cos recursos económicos, técnicos e humanos da Axencia, sen costes adicionais para os municipios íntegros.
  • Ademais, os concellos adheridos reciben da APLU o 10% do importe das multas coercitivas e das sancións recadadas no seu termo municipal.
  • As posibles responsabilidades xurídicas derivadas da actuacións en materia de disciplina urbanística son asumidas pola Axencia, evitando así prexuízos aos concellos adheridos.
  • A APLU facilita a responsables, técnicos e técnicas das corporacións locais íntegras o asesoramento e asistencia técnica e xurídica que precisen no ámbito urbanístico, sen contraprestación algunha.
  • As autoridades e persoas dos concellos adheridos terán acceso preferente ás accións formativas promovidas pola APLU.