Na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística tramítanse distintos procedementos. No momento en que esta Administración ten coñecemento da existencia dunha posible actuación contraria ao ordenamento urbanística, respecto da cal a Axencia ostenta competencia para actuar, iniciase un procedemento de investigación, tramitándose a tal efecto un expediente informativo.
- EXPEDIENTE INFORMATIVO
-
Estas dilixencias de investigación, que se instrúen nos servizos provinciais da Axencia, poden concluir co arquivo das actuacións ou coa apertura dun procedemento de reposición da legalidade urbanística e dun procedemento sancionador.
O procedemento de reposición ten por obxecto restaurar a legalidade urbanística vulnerada pola comisión das obras contrarias ó ordenamento. Este procedemento concluirá cunha resolución ordenando a demolición das obras e a reposición dos terreos o seu estado orixinario (se as obras resultan ilegalizables) ou, no seu caso, a solicitude do correspondente título habilitante de natureza urbanística (se as obras resultan legalizables).
- EXPEDIENTE REPOSICIÓN
-
O procedemento sancionador ten por obxecto a represión pola execución de obras ilegais.
- EXPEDIENTE SANCIONADOR
-
Tanto a resolución do procedemento de reposición como a resolución do procedemento sancionador poden ser obxecto de recurso.
En todo caso, cando a resolución que ordena a demolición dunhas concretas obras e a reposición dos terreos ao estado anterior á actuación realizada alcanza firmeza, se os interesados non proceden ao seu cumprimento voluntario, a Axencia procederá a súa execución forzosa.
- RECURSOS -EXECUCIÓN FORZOS
-