Congresos

Dende o ano 2015 a APLU impulsou a celebración dun Congreso anual no que abordar cuestións actuais de relevancia no eido urbanístico, reunindo a empregados das distintas Administracións Públicas, xuristas, arquitectos, enxeñeiros e profesionais de distintos ámbitos.

Estes Congresos, que teñen cada vez unha maior acollida, constitúen xa un foro de referencia a nivel nacional, enriquecedor para relatores e asistentes.