Consellos

SABÍAS QUE ESTÁN PROHIBIDASAS VIVENDAS PREFABRICADAS E CARAVANAS EN SOLO RÚSTICO?

O uso residencial está prohibido en solo rústico (a excepción das vivendas vinculadas a unha explotación agropecuaria). Polo tanto, as caravanas e as casas prefabricadas, sexan móbiles ou non, para un uso residencial permanente ou temporal (por exemplo de fin de semana) están prohibidas, porque o uso ao que se destinan é un uso prohibido en solo rústico, (artigo 35 da LSG).

NA MIÑA PARCELA PODO FACER...

Todo depende na clase de solo na que se sitúe a parcela.

Pregunta no teu concello, eles informarante dos usos e construcións que podesdesenvolver.

Ti tamén podes consultar a clasificación no seguinte enlace http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga

NO REALICES OBRAS SEN DISPOÑER DO TÍTULO HABILITANTE CORESPONDENTE

Todas as actuacións están sometida a un control municipal, polo que requiren un título habilitante, que en xeral consisten nunha comunicación previa ou nunha licencia.
Para actos de edificación e uso do solo que non necesiten proxecto,as obras ou instalacións menores, a instalación de invernadoiros, peches e valados de fincas, entre outras, bastará cunha comunicación previa.
 
Para obras de maior entidade construtiva que precisen proxecto de obras, as intervención en inmoble declarados ben de interés cultural ou catalogados, demolicións, muros de contención de terras e grandes movementos de terras e explanacións, as parcelacións ou segregacións, a primeira ocupación dos edificios, a implantación dun uso residencial ou a tala de masas arbóreas ou vexetación, requirirán a obtención previa dunha licencia.

PARA FACER CALQUERA COUSA, TES QUE PEDIR UN PERMISO

A maioría das actuacións que realices na túa parcela ou edificación requiren dun título administrativo (licenza, comunicación previa, autorizacón autonómica...)

Antes de facer calquera cousa, infórmate no teu concello.

URBANO NO CATASTRO VS RÚSTICO NO PXOM

O catastro é un rexistro administrativo de finalidade tributaria que non clasifica o solo.

Para coñecer a clasificación do solo débese consultar o planeamento municipal e a lexislación urbanística e de ordenación do territorio.

Podes consultar o planeamento no seguinte enlace http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga

¿TES TERREOS NA ZONA DE SERVIDUME DE PROTECCIÓN DO DOMINIO PÚBLICO MARÍTIMO?

Se os teus terreos se atopan na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, antes de realizar calquera actuación, diríxete ao Servizo de Urbanismo da túa provincia, alí informarante dos usos permitidos