
Cómo Adherirse á APLU
O proceso de adhesión é moi sinxelo. Basta con que o concello, mediante acordo plenario, decida adherirse á Axencia aprobando o modelo de convenio.
A Axencia tramitará o proceso de integración, solicitando os informes preceptivos, e emitidos estes, porase en contacto coa persoa titular da Alcaldia para sinalar o día no que se procederá á sinatura xunto coa persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. A APLU encargarase da publicación do convenio no DOG, data a partir da cal entrará en vigor a adhesión.
O proceso de adhesión estímase que terá unha duración aproximada dun mes.
- ADOPCIÓN DA ADHESIÓN POR PARTE DO CONCELLO (por acordo plenario)
- TRAMITACIÓN DA ADHESIÓN POR PARTE DA APLU
- SINATURA DO CONVENIO DE ADHESIÓN
- PUBLICACIÓN NO DOG E ENTRADA EN VIGOR DA ADHESIÓN