Plan de Inspección

PLANS DE INSPECCIÓN URBANÍSTICA

Os plans de inspección son definidos no artigo 372 do Regulamento da Lei do Solo como o documento que establece as liñas xenéricas da actividade inspectora, e teñen por finalidade determinar os obxectivos principais e as actuacións prioritarias para mellorar a calidade e a eficacia da disciplina urbanística ao servizo da cidadanía, e garantir a obxectividade e a imparcialidade na actuación das entidades e organismos que a exercen.

O vixente plan de inspección urbanística considera prioritarias

  • As inspeccións nos seguintes territorios: territorio dos concellos costeiros, territorio dos concellos con espazos naturais ou áreas de especial interese paisaxístico, territorios dos concellos por onde transcorran as rutas dos Camiños de Santiago delimitados.
  • A investigación sobre as obras en curso de execución e sobre as terminadas cuxo prazo de caducidade de reacción estea próximo a vencer en exercicio das competencia propias da Axencia ou das delegadas polos concellos integrados na mesma, agás ás de escasa entidade (instrución).
  • En materia de costas as investigación sobre as obras que , presuntamente constitúan infracción grave tipificada na Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas. Terán prioridade para a incoación do procedemento as actuacións ou obras que se atopen en curso de execución sobre as obras terminadas. No caso de obras terminadas, terán prioridade as de menor antigüidade.

HISTÓRICO