Novas

IV Congreso APLU - Disciplina Urbanística: Cuestións de actualidade a debate

17 de Decembro de 2018

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación del Territorio organizou, a través da APLU, o seu IV Congreso baixo o lema “Disciplina Urbanística: Cuestións de actualidade no ámbito urbanístico”. Este evento tivo lugar os días 28, 29 e 30 de maio no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.

Dende o ano 2015 a APLU impulsou a celebración dun Congreso anual no que abordar cuestión actuais de relevancia no eido urbanístico, reunindo a empregados das distintas Administracións Públicas, xuristas, arquitectos, enxeñeiros e profesionais de distintos ámbitos. Nesta edición, seguindo a estela xa definida nos congresos anteriores, abordáronse temas de máxima relevancia, tales como o marco constitucional no que as distintas Administracións Públicas deben exercer as súas competencias urbanísticas, a interrelación do urbanismo co medio ambiente e, particularmente, o seu papel fronte ao cambio climático, as dificultades prácticas coas que se atopan os operadores urbanísticos na esfera da intervención administrativa, así como unha análise das medidas necesarias para adaptarnos aos novos retos do futuro.

A igual que en anos anteriores, dende a Axencia, conscientes da relevancia dunha visión global dos aspectos a tratar nestes Congresos, contouse con relatores de recoñecido prestixio e acreditada experiencia, representantes das distintas institucións e sensibilidades afectadas polas materias tratadas.