Novas

Pontedeume, Xermade e As Nogais súmanse á APLU para velar polo uso correcto do territorio e a protección da paixaxe

24 de Febreiro de 2020
  • A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e senllos rexedores municipais asinaron o convenio de adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, co que o número de concellos adheridos acada os 86

  • Recorda que os municipios adheridos suman un 18% da superficie total de Galicia e un 13,5% da poboación da Comunidade galega

  • Vázquez Mejuto destaca o papel da APLU que se sitúa ao carón dos concellos para velar pola legalidade urbanística de Galicia e o control de posibles infraccións

 

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, destacou esta mañá que a adhesión á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) dos concellos galegos, concretamente de Pontedeume, Xermade e As Nogais, garante un correcto uso do territorio e a protección da paisaxe.

Así o puxo de manifesto durante a sinatura dos convenios de adhesión destes municipios formalizada con senllos rexedores, co que o número total de concellos adheridos á APLU elévase a 86, o que representa un 18% da superficie de Galicia e o 13,5% da poboación.

Recordou que a APLU ten por obxectivo velar pola legalidade urbanística e o control das posibles infraccións, polo que é un ente que está ao servizo dos concellos para garantir a protección do territorio e o respecto á legalidade vixente.

Ángeles Vázquez explicou que, en virtude destes convenios, os concellos delegan na APLU as competencias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística relativas a obras que se executen sen licenza sempre que estean en solo rústico non urbanizable e solo urbanizable ou apto mentres non sexa aprobado o correspondente planeamento de desenvolvemento, e en núcleos rurais delimitados no PXOM. Por outro lado, a APLU transferirá ao concello un 10% do produto das multas coercitivas e sancións.

Destacou que o obxectivo da Xunta é seguir incorporando novos concellos, ao tempo que se incrementa a colaboración cos concellos adheridos; porque os resultados amosan que a actuación conxunta é sinónimo de éxito. A modo de exemplo, argumentou que en 2019 baixaron o número de expedientes resoltos, o que denota un aumento da concienciación da poboación e un exercicio máis, o número de execucións subsidiarias, as realizadas polos particulares, foi dun 95%.

Asemade, esta mañá un total de cinco concellos asinaron unha addenda para ampliar as súas competencias e ceder á APLU o control e a disciplina urbanística respecto das obras suxeitas a comunicación previa. Así, A Guarda, Porto do Son, Vedra, Moraña e Forcarei seguen a confiar na APLU para avanzar no obxectivo común da defensa e a protección no territorio galego, polo que é un aspecto fundamental que ambas Administracións camiñen na mesma dirección e unan forzas, puntualizou a conselleira.

  • Ampliación das competencias

Asemade, esta mañá un total de cinco concellos asinaron unha addenda para ampliar as súas competencias e ceder á APLU o control e a disciplina urbanística respecto das obras suxeitas a comunicación previa. Así, A Guarda, Porto do Son, Vedra, Moraña e Forcarei seguen a confiar na APLU para avanzar no obxectivo común da defensa e a protección no territorio galego, polo que é un aspecto fundamental que ambas Administracións camiñen na mesma dirección e unan forzas, puntualizou a conselleira.