Novas

A Xunta amosa o funcionamento da APLU a unha representación do organismo homólogo na deputación de Badajoz

A Xunta amosa o funcionamento da APLU a unha representación do organismo homólogo na deputación de Badajoz
10 de Abril de 2025

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), Victoria Núñez, vén de manter un encontro cunha representación do Organismo Autónomo Provincial de Protección da Legalidade Urbanística (OAPLU-RESTAURA), adscrito á Deputación de Badajoz, que se desprazou onte a Santiago e hoxe a Ourense para coñecer a organización e funcionamento da APLU pola súa labor desenvolvida dende fai máis de 15 anos.

Na sesión de hoxe, na que participou tamén o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, e celebrado na sede da delegación, asistiron Abel González Ramiro, deputado provincial da Área de infraestrutura, Mobilidade e Ordenación do Territorio e vicepresidente do Consello Reitor do OAPLU-RESTAURA e Miguel Ángel Campos Rodas, xerente do organismo. Na sesión celebrada onte en Santiago tamén estivo presente Ramón Díaz Farias, vicepresidente terceiro da Deputación de Badajoz.