A Xunta comparte a experiencia da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística con representantes de distintas comunidades autónomas
19 de Novembro de 2025
A Xunta compartiu hoxe a experiencia da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) con representantes das comunidades autónomas de Andalucía, Aragón, Madrid e Valencia, no marco da convocatoria dunha xornada sobre Dereito Comparado, organizada pola Junta de Andalucía, en Sevilla.
A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, Victoria Núñez, xunto coa subdirectora da APLU, Olalla Flores, interveu hoxe nestas xornada, na que se trataron os mecanismos para a protección da legalidade territorial e urbanística nas distintas comunidades autónomas.