Novas

A Xunta prevé alcanzar este ano a centena de concellos que deleguen a inspección urbanística á APLU

La Xunta prevé alcanzar este año el centenar de ayuntamientos que deleguen la inspección urbanística a la APLU
09 de Novembro de 2021
  • Hoxe xa son 91 os municipios, con diferentes casuísticas e características, os que están adheridos; polo que é importante que o persoal funcionario das administracións públicas conte cunha formación actualizada
  • Os tres departamentos con competencia no territorio xestionarán en 2022 un orzamento global de 26 millóns de euros cos que garantir un crecemento ordenado, un uso sostible da Comunidade e a protección das paisaxes galegas

A Xunta marcase o obxectivo de chegar á centena de concellos que delegan as competencias en materia de inspección urbanística á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU).

Este reto foi presentado esta mañá pola directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, Jacobo Hortas, durante a clausura do curso formativo en materia de disciplina urbanística, no que tamén participou a fiscal delegada de Medio Ambiente e Urbanismo en Galicia, Carmen Eiró.

Hortas recordou que na actualidade son 91 as entidades locais adheridas, con diferentes casuísticas e características, os que xa están adheridos á APLU.

Nese sentido, o director da APLU destacou a importancia de actualizar a formación e información do persoal funcionario das administracións. Un reto ao que responden cursos como como o clausurado esta mañá, que permiten ofrecer formación práctica e actualizada sobre disciplina urbanística ao persoal da Xunta e dos concellos que se encargan de velar polo cumprimento da normativa vixente nesta materia.

Recordou que desde o mes de maio organizáronse, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública, diversos talleres, nos que se abordaron cuestións relativas á inspección urbanística para manter ao día a inspectores e persoal ao servizo da APLU, así como a funcionarios doutros departamentos da Administración autonómica que traballan no eido do urbanismo.

Asemade a directora xeral de Ordenación do Territorio destacou que o crecemento ordenado e sostible dun territorio precisa da colaboración de todas entidades que interveñen no territorio. De feito, no ano 2022, os tres departamentos da Consellería con competencias en materia de territorio (Dirección Xeral de Ordenación do Territorio, Instituto de Estudo do Territorio e Axencia de Protección da Legalidade Urbanística) xestionarán 26 millóns de euros para seguir avanzando na protección e recuperación de todos os elementos que se atopan no territorio galego.