
Plan de Inspección
PLANS DE INSPECCIÓN URBANÍSTICA
Os planes de inspección son definidos no artigo 372 do Regulamento da Lei do Solo como o documento que establece as liñas xenéricas da actividade inspectora, e teñen por finalidade determinar os obxectivos principais e as actuacións prioritarias para mellorar a calidade e a eficacia da disciplina urbanística ao servizo da cidadanía, e garantir a obxectividade e a imparcialidade na actuación das entidades e organismos que a exercen.