Comunicacións

NORMAS PARA A PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS

Toda comunicación deberá versar, necesaria e ineludiblemente, sobre algún dos temas do programa do Congreso.

A inscrición previa no Congreso é imprescindible para poder presentar unha comunicación. Cada participante poderá presentar tan só unha comunicación.

Os traballos deberán presentarse en formato Word e terán unha extensión máxima de 10 páxinas, con letra Times New Roman 12 pto (notas a pé, 10 pto), entreliñado 1,5 e marxes superior e inferior a 2,5 cm.

O seu contido deberá seguir o seguinte esquema:

  • Título
  • Autor ou autores
  • Categoría profesional e Universidade/Administración/Empresa de procedencia
  • Os epígrafes deberán ir numerados en arábigos (1, 2, 3…) e os subepígrafes en decimais (2.1, 2.2, 2.3…). Os títulos de cada epígrafe irán en negra e maiúsculas e os dos subepígrafes en negra e minúsculas.
  • O contido da comunicación debe seguir a seguinte estrutura: Introdución, desenvolvemento, conclusións e bibliografía.

O nome do arquivo que conteña a comunicación debe de expresar o título descritivo da comunicación e os apelidos da persoa autora.

O envío dos traballos realizarase ao correo electrónico: congreso.aplu [at] xunta.gal (congreso[dot]aplu[at]xunta[dot]gal)

O prazo límite de recepción das comunicacións será o 20 de maio de 2019 ás 15.00 horas.

Debido á duración do Congreso, é posible que todas as comunicacións aceptadas non se poidan expor publicamente.