
Andrés Precedo Ledo
CATEDRÁTICO EMÉRITO DE XEOGRAFÍA HUMANA DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Foi profesor Mercantil da Escola de Comercio e despois conseguiu o Doutorado en Filosofía e Letras pola Universidade de Navarra.
Exerceu a docencia como Catedrático de Xeografía en varias universidades españolas, en facultades de Xeografía e Historia, Ciencias da Comunicación e Arquitectura.
Publicou máis de 40 libros e 300 artigos científicos en 14 países.
En Galicia foi el autor do mapa comarcal de Galicia e o introdutor do concepto de “rexión urbana”. Creou o SITGA (Sistema de Información Territorial de Galicia) e formou parte de numerosas institucións relacionadas co desenvolvemento rexional e a ordenación do territorio.
É membro do Clube de Roma, Coordinador do Grupo de Investigación de Estudos Territoriais da USC e un dos máis reputados xeógrafos urbanos do mundo.