Ángel Menéndez Rexach

Ángel Menéndez Rexach

Ángel Menéndez Rexach

CATEDRÁTICO EMÉRITO DE DEREITO ADMINISTRATIVO DA UNIVERSIDADE AUTÓNOMA DE MADRID

Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense e Doutor pola Autónoma de Madrid. Catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Valladolid (1991) e, posteriormente, da Universidade Autónoma de Madrid (dende 1993).

Funcionario do Corpo Superior de Administradores Civís do Estado. Foi director xeral do Instituto do Territorio e Urbanismo, do Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo, dende outubro de 1987 ata xullo de 1991.

Presidente da Asociación Española de Dereito Urbanístico dende 1994 ata 2004. Vicepresidente da Asociación Internacional de Dereito Urbanístico (AIDRU), dende 1997 a 2004 e é socio de Honra da Asociación Canaria de Dereito Urbanístico (ACADUR) dende 2013.

Profesor convidado en distintas universidades internacionais. Colaborador do INAP dende 1976, no que, dende 1998 ata 2014 foi Coordinador da área xurídica dos Cursos de Estudos de Urbanismo e Superior de Urbanismo. Na actualidade, é director académico do Máster Universitario en Urbanismo e Estudos Territoriais que imparte o INAP en colaboración coa UIMP.

Membro, entre outros, dos Consellos de Redacción da Revista de Dereito Urbanístico e Medio Ambiente, dende 2000, a Revista «Justicia Administrativa», dende 1998 e, dende 2015, da Revista Española de Dereito Administrativo (REDA).