Ángela de la Cruz Mera

Ángela de la Cruz Mera

SUBDIRECTORA XERAL DE POLÍTICAS URBANAS DO MINISTERIO DE FOMENTO

Licenciada en Dereito e Técnica do Corpo Superior de Administradores Civís do Estado. Experta urbanista.

Subdirectora Xeral de Políticas Urbanas do Ministerio de Fomento (con diferentes denominacións) dende o ano 2007. Antes diso, asesora xurídica do dito Ministerio e do Ministerio de Vivenda en temas de urbanismo.

Foi membra do equipo redactor de numerosas normas estatais sobre solo e tamén sectoriais: as sucesivas Leis do Solo dende o Texto Refundido de 1992 ata chegar ao vixente Texto Refundido da Lei do Solo e Rehabilitación Urbana de 30 de outubro de 2015 e normas sectoriais como o Real Decreto 2591/1998, sobre a ordenación dos Aeroportos de Interese Xeral do Estado; a Lei 10/2003 de concesión da obra pública; o Anteproxecto de Lei de Expropiación Forzosa (2003), etc. Segue a colaborar na elaboración de normas estatais actualmente.

Impartiu e imparte numerosas conferencias e participa en múltiples foros, nacionais e internacionais.

É autora de numerosas publicacións en revistas de índole urbanístico e obras colectivas.