
César Tolosa Tribiño
MAXISTRADO DO TRIBUNAL SUPREMO
Ingresou na Carreira Xudicial en 1982 e o seu primeiro destino foi no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Molina de Aragón (Guadalaxara). En 1984 ascendeu a maxistrado e foi destinado ao Xulgado de Instrución número 5 de Palma de Mallorca. Ese mesmo ano ingresou no Corpo de Maxistrados de Traballo e exerció na Maxistratura número 1 de Santander ata 1990. Posteriormente foi maxistrado da Sala Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria e, dende 1993, presidente da Sala do Contencioso-Administrativo dese mesmo órgano xudicial.
En 2004 foi elixido presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Cantabria, cargo no que permaneceu ata o seu nomeamento para o Tribunal Supremo.
No eido docente, colaborou con distintas institucións e foi profesor de diversos cursos de formación en materias relacionadas coas xurisdicións social e contencioso-administrativa.
É autor, así mesmo, de numerosas publicacións xurídicas e artigos doctrinais e colaborou activamente en proxectos de cooperación xudicial internacional.