
Eulalia Elena Moreno de Acevedo Yagüe
Arquitecta pola ETSA de Sevilla, con postgrao en teoría e práctica rehabilitación arquitectónica e urbana.
Docente en diversos cursos e relatorías nacionais e internacionais en materia de urbanismo e ordenación do territorio.
Traballou no privado co seu propio estudo de arquitectura e no público en diversos postos como directora de oficinas comarcais de urbanismo de Estremadura, sendo xerente de todas elas no período 2008-2011.
É nomeada directora xeral de Urbanismo, Ordenación do Territorio e Transportes da Xunta de Estremadura en 2015 ata a actualidade, e durante a súa lexislatura aprobáronse a Lei de Ordenación do Territorio e Urbanismo Sostible (LOTUS), así como a Lei de Coordinación Intersectorial e de Simplificación de procedementos urbanísticos, e as normas técnicas para a integración da dimensión de xénero na ordenación territorial e urbanística de Estremadura.