Eva Desdentado Daroca

Eva Desdentado Daroca

Eva Desdentado Daroca

CATEDRÁTICA DE DEREITO ADMINISTRATIVO NA UNIVERSIDADE DE ALCALÁ

Catedrática de Dereito Administrativo na Universidade de Alcalá (Madrid) dende 2016.

Foi Letrada do Tribunal Constitucional entre os anos 2011 a 2015, traballando como Letrada adscrita ao Gabinete do Presidente a partir de xuño de 2013.

Impartiu numerosas conferencias e relatorías sobre temas varios da súa disciplina e  realizou labores de informe e asesoramento xurídico para particulares, asociacións, empresas e Administracións públicas. Aínda que se dedicou de forma transversal ao dereito Administrativo, prestou especial atención a algúns temas entre os que se pode sinalar a discrecionalidade administrativa, a costa, o urbanismo, o medio ambiente e o réxime de licenzas e concesións sobre bens públicos.

É autora de diversas monografías e artigos, entre os que  destacan: Discrecionalidad administrativa y planeamiento urbanístico. Construcción teórica y análisis jurisprudencial; Los problemas del control judicial de la discrecionalidad técnica (Un estudio crítico de la jurisprudencia); La expropiación de los enclaves privados en el litoral (Una crítica de la Disposición Transitoria 1ª de la Ley de Costas); “El control de la legalidad urbanística. ¿Qué legalidad?”; ou “El tortuoso camino de las demoliciones urbanísticas”.