Frederico Moura e Sá

Frederico Moura e Sá

Frederico Moura e Sá

URBANISTA. PROFESOR DA UNIVERSIDADE DE AVEIRO

Urbanista, Doutor en Arquitectura pola Facultade de Arquitectura da Universidade de Porto (tese doutoral titulada “A infraestrutura como referencia para o sistema de planificación urbana”), Mestría en Planificación Urbana (tese titulada “Espazo Público Local”) pola Universidade de Aveiro e Licenciatura en Enxeñería Civil pola Facultade de Enxeñería da Universidade de Porto (especialización no medio ambiente, transporte e planificación do territorio).

Investigador de CITTA (Research Centre for Territory, Transports and Environment das Escolas das Universidades de Porto e Coimbra) e de IC (Construction Institute of the University of Porto). Participou en varios proxectos, destacando o estudo para a rehabilitación do Centro de Porto, a elaboración dun plan de usos do solo e dun plan de mobilidade sostible para a Cidade de Chaves ou o desenvolvemento dun plan estratéxico para o sistema de tren lixeiro de Porto.

Profesor adxunto na Universidade de Aveiro e investigador do GOVCOPP (Centro para Estudos en Gobernanza, Competitividade e Políticas Públicas) desta Universidade, onde participa en varios proxectos, destacando o Proyecto “Custos e Beneficios, a escala local, dunha ocupación dispersa”.

É socio xerente da UEst (www.uest.mobi) e coordina diversos traballos nas áreas da execución urbanística, do deseño urbano, da planificación urbana e da mobilidade.

É membro fundador do grupo “ordenar a cidade” (www.ordenaracidade.pt).

As súas áreas de interese son o espazo público, deseño urbano, urbanismo e planificación da mobilidade.