
Gerardo Roger Fernández Fernández
ARQUITECTO URBANISTA
Desempeña o exercicio libre da arquitectura dende o ano 1973.
Foi director do Servizo de Urbanismo do Concello de Almería e director xeral de Urbanismo e Ordenación do Territorio da Comunidade Valenciana.
Participou na redacción de numerosos instrumentos de planeamento e xestión urbanísticos e foi corredactor e asesor de numerosas leis urbanísticas en todo o territorio nacional. Participou tamén na redacción da Lei Estatal do Solo de 2007.
Alterna o exercicio libre da profesión coa docencia en diversos Másters e Cursos de Postgrao en numerosas institucións, entre outras, na Universidade Politécnica de Valencia, na Universidade Carlos III de Madrid, no Instituto Nacional de Administración Pública.
Autor de numerosas publicacións en materia de urbanismo, entre as que podemos destacar Para comprender el urbanismo español, Manual de Valoraciones Urbanísticas, Gestionar la Ciudad Consolidada o Comentarios a la Ley de Rehabilitación, Regeneración y Renovación Urbanas (Ley 8/2013, de 26 de junio), este último libro con Luciano Parejo Alfonso.