Guillermo Ruíz Arnáiz

Guillermo Ruíz Arnáiz

Guillermo Ruíz Arnáiz

LETRADO DO TRIBUNAL SUPREMO

Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, Máster en Urbanismo pola Universidade Carlos III e Doutor en Dereito Público e Filosofía Xurídica pola Universidade Autónoma de Madrid, cunha tese sobre “El suelo rústico, régimen jurídico y posibilidades constructivas. En especial, la vivienda”.

Foi secretario xeral de Universidade e avogado en exercicio.

Actualmente é Profesor Titular de Dereito Administrativo na Universidade Politécnica de Madrid.

Autor de máis de 30 publicacións en distintas materias da súa especialidade, entre as que destacan “Ejecución de sentencias en materia urbanística”, “Los terceros de buena fe en la ejecución de sentencias (a propósito de la STS  de 16 de abril de 2013)” ou “La aprobación de los planes urbanísticos por silencio administrativo en la Comunidad de Madrid”.

É profesor de numerosos cursos e seminarios sobre Dereito Público.
Dende 2011 é Letrado do Gabinete Técnico do Tribunal Supremo, área contencioso-administrativa.