Inés Sánchez de Madariaga

Inés Sánchez de Madariaga

Inés Sánchez de Madariaga

PROFESORA DE URBANISMO DA UNIVERSIDADE POLITÉCNICA DE MADRID

Doutora en Arquitectura da Universidade Politécnica de Madrid e profesora titular nesta mesma universidade.

Realizou numerosas estadías de investigación en universidades estranxeiras (LSE, Columbia University), incluíndo a súa estadía como Jean Monnet Visiting Professor na Bauhaus-Weimar School of Architecture. É unha recoñecida experta internacional en materia de xénero no urbanismo, a arquitectura, a investigación e a innovación.

Foi Delegada do Reitor para Asuntos de Xénero e a partir de 2016 ostenta a Cátedra UNESCO para promover a perspectiva de xénero en docencia (UNESCO Chair on Gender Equality Policies in Science, Technology and Innovation). É presidenta da rede COST genderSTE sobre Xénero, Ciencia, Tecnoloxía e Medio Ambiente, que agrupa a máis de 200 persoas de 40 países de cinco continentes. Tamén é co-directora do proxecto Gendered Innovations, da Comisión Europea e a Universidade de Stanford. Investigadora Principal dos proxectos europeosFP 7 project TRIGGER, 2014-2018 e Gender-net, 2013-2016, así como membra do Scientific Advisory Committee dos seguintes European FP7 Projects: GENPORT, GENOVATE, RRI TOOLS, SAGERIP, GEDII, LIBRA. Foi Presidenta do Comité de Expertos da Comisión Europea encargado de elaborar o Informe Cambio Estrutural das Institucións Científicas, que é a folla de rota europea para a igualdad de xénero na investigación e a innovación. Foi directora da Unidade da Muller e Ciencia do Ministerio de Ciencia e Innovación (2009-2014) e representante de España ante o Helsinki Group on Women and Science (2009-2014), grupo consultor da DG Research and Innovation, European Commission.