Jean-Bernard Auby

Jean-Bernard Auby

Jean-Bernard Auby

PROFESOR EMÉRITO DE DEREITO PÚBLICO DE SCIENCES PO PARIS

O profesor Jean-Bernard Auby é un dos profesores de Dereito Público máis prestixiosos en Francia e no eido internacional.

Director da Cátedra Mutations de l’action publique et du droit public (MADP) do Institut d’Études Politiques (Sciences Po) en París.

O profesor Auby exerceu de profesor en Sciences Po dende 2006. Anteriormente, desempeñou o cargo de Decano da Facultade de Dereito da Universidade de París XII (1989-1993) e foi profesor de dereito público na Universidade de París II-Assas (1994-2006). Foi Director Adxunto do Instituto de Dereito Europeo e Comparado na Universidade de Oxford (1998-2000) e foi profesor visitante na Universidade Pompeu Fabra de Barcelona (2006), a Universidade de Roma-La Sapienza (2007), a Universidade de Pennsylvania (2009), a Academia Europea de Dereito Público (Atenas, 2009), a Universidade Bocconi en Milán (2009), a Universidade Tsinghua en Beijing (2010), a Universidade de Túnez (2011), a Universidade de Oslo (2012), a Universidade de Bolonia (2013), a Universidade de Trento (2013) e a Universidade de Roma 2-Tor Vergata (2013).

Membro do Consello Científico da Organización Europea de Dereito Público.

Entre as súas áreas de especialización destacan o Dereito Administrativo comparado, a globalización e o estudo da cidade e o territorio.