José Fariña Tojo

José Fariña Tojo

José Fariña Tojo

CATEDRÁTICO DE URBANISMO E ORDENACIÓN DO TERRITORIO DA UNIVERSIDADE POLITÉCNICA DE MADRID

Doutor arquitecto, Licenciado en Dereito, Técnico Urbanista do IEAL e Máster en Organización de Empresas.

É Catedrático de Universidade e ademais profesor de numerosos cursos de postgrao en España, Italia, Francia e varios países latinoamericanos.

Foi director da revista Urban e de “Cuadernos de Investigación Urbanística” así como membro do Consello de Redacción de varias publicacións especializadas.

Realizou numerosos plans de Urbanismo e de Protección do Patrimonio Histórico, do Medio Natural e de Paisaxe, así como Catálogos de Patrimonio Urbano e Medio Natural.

Membro de diferentes grupos de traballo e comisións para a FEMP, o Goberno español e a Unión Europea. É membro do Comité Hábitat español e forma tamén parte do grupo consolidado de investigación da UPM en “Arquitectura, Urbanismo e Sostibilidade".

Autor de numerosas publicacións e relator en máis de 150 Congresos Nacionais e Internacionais. Dirixiu máis de 30 teses doctorais.