José María Ezquiaga Domínguez

José María Ezquiaga Domínguez

José María Ezquiaga Domínguez

DOUTOR ARQUITECTO DA POLITÉCNICA DE MADRID

José Mª Ezquiaga é Doutor Arquitecto, Premio Extraordinario de Doutorado da Universidade Politécnica de Madrid (1990), Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1979) e Licenciado en Socioloxía e Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid (1981).

Premio Nacional de Urbanismo en 2005.

É profesor titular de Urbanismo na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e tamén foi profesor convidado en varias Universidades: Turín, Roma, Lisboa, México…

Autor de varias obras: El espacio del proyecto urbano, Arquitectura 1990... Publicou máis de cento cincuenta  ensaios e investigacións en libros e revistas especializadas en Estados Unidos, Alemaña, Reino Unido, Francia, Italia, Holanda, Suiza, España e América Latina.

Desempeñou diversas responsabilidades urbanísticas na esfera local e rexional de Madrid: director de Planeamento da Xerencia Municipal de Urbanismo de Madrid (1985-88), director xeral de Urbanismo da Comunidade de Madrid (1988-91) e director xeral de Planificación Urbanística e Concertación da Comunidade de Madrid (1991-95).

Na actualidade, como profesional independente, dirixe a oficina Ezquiaga Arquitectura Sociedad e Territorio.

Foi presidente da Comisión de Urbanismo e membro da Xunta de Goberno  do Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid (1999-2004) e formou parte da Comisión Nacional de Expertos sobre Urbanismo (1995). Membro do Consello Asesor de Urbanismo do Concello de Madrid (2005-07). Membro do Comité Científico de Europan España (2010-11).