Luciano Parejo Alfonso

Luciano Parejo Alfonso

Luciano Parejo Alfonso

CATEDRÁTICO EMÉRITO DE DEREITO ADMINISTRATIVO DA UNIVERSIDADE CARLOS III

Catedrático de Dereito Administrativo nas Universidades de La Laguna (1983), Alcalá de Henares (1989) e dende o ano 1990 na Universidade Carlos III de Madrid.

Foi Reitor da Universidade Internacional Menéndez Pelayo entre 2005 e 2006 e foi nomeado Reitor Honorario en 2008.

É autor de numerosos libros e artigos da súa especialidade científica. Participou en diversos proxectos competitivos dentro do Plan Nacional de I+D+I, así como en numerosos contratos de investigación de especial relevancia con empresas e administracións.

Desempeñou distintos cargos na Administración Pública, entre os que destacan: director Xeral do Instituto da Administración Local (1983-1985), Subsecretario dos Ministerios de Administración Territorial (1985-1986) e para as Administracións Públicas (1986-1987) e Presidente do Instituto Nacional de Administración Pública (1987-1989).