Pascual Sala Sánchez

Pascual Sala Sánchez

Pascual Sala Sánchez

AVOGADO. EX-PRESIDENTE DO TRIBUNAL CONSTITUCIONAL

Maxistrado do Contencioso-Administrativo por oposición en 1972. En xuño de 1982, foi elixido Conselleiro do Tribunal de Contas onde desempeñou o cargo de Presidente da súa Sección de Enxuizamento. Foi nomeado Maxistrado do Tribunal Supremo e destinado á Sala do contencioso-administrativo do dito Alto Tribunal pola quenda de Maxistrados especialistas da dita Xurisdición.

Vocal Permanente da Comisión Xeral de Codificación.

En 1988 foi elixido Presidente do Tribunal de Contas.

Posteriormente foi nomeado Presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, cargo que desempeñou ata o cumprimento do mandato legal en xullo de 1996, data na que se reintegrou ao seu posto de Maxistrado do Tribunal Supremo. Maxistrado do Tribunal Constitucional por elección do Consello Xeral do Poder Xudicial e, posteriormente, Presidente do Tribunal Constitucional.

Participou en múltiples cursos e xornadas, principalmente en materia de Dereito Administrativo e Proceso Contencioso Administrativo.

Está en posesión da Medalla ao Mérito Constitucional e da Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort e da Gran Cruz da Real e distinguida Orde de Carlos III. Recibiu diversos premios e foi designado membro de honra de varias Asociacións de Xuristas e de diversos medios de comunicación, así como o supremo grao de “Doctor honoris causa” pola Universidade de Valencia.