Actividade de APLU

A lexislación urbanística atribúe á APLU as competencias en materia de disciplina en solo rústico sobre todo o territorio galego, ás que hai que engadir as delegadas polos concellos adheridos. Ademais a APLU, en virtude da lexislación vixente en materia de costas, ostenta tamén competencias específicas sobre servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

Ao redor dun 97% das ordes administrativas de reposición da legalidade cúmprense en período voluntario polas persoas que ostentan o dereito de propiedade do solo ou polas promotoras das obras ou da actividade que contraveñen a legalidade en materia urbanística ou de costas. Tan só un 3% das reposicións de legalidade son executadas subsidiariamente pola APLU, repercutindo o seu custo aos responsables.

Como exemplo, nesta páxina publícase unha selección das reposicións da legalidade clasificadas por tipoloxía, concello e ano de execución.

Actividade Concello Tipoloxía edificación Clase de Solo Provincia Ano
A Illa de Arousa Novembro 2013 A ILLA DE AROUSA Residencial Servidume de protección de costas Pontevedra 2013
Abegondo Outubro - 1 ABEGONDO Residencial Rústico A Coruña 2017
Abegondo Outubro - 2 ABEGONDO Industrial Rústico A Coruña 2017
A Capela Setembro 2015 A CAPELA Industrial Rústico A Coruña 2015
A Merca Febreiro 2016 A MERCA Residencial Núcleo rural Ourense 2016
Melón Maio 2016 MELÓN Residencial Rústico Ourense 2016
Mondoñedo Febreiro 2013 MONDOÑEDO Residencial Rústico Lugo 2013
Mondoñedo Setembro 2013 MONDOÑEDO Industrial Rústico Lugo 2013
Nigrán Marzo 2014 NIGRÁN Residencial Rústico Pontevedra 2014